O Concello de Boqueixón informa de que a Secretaría Xeral para o Deporte vén de facer públicas as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2022. Unhas axudas que contan cun financiamento de dous millóns de euros.
Haberá dúas liñas de actuación:
- liña de actuación I: desenvolvemento de actividades deportivas, cunha axuda máxima por entidade beneficiaria de 10.000 euros.
- liña de actuación II: núcleos de adestramento deportivo especializado, cunha axuda máxima por entidade beneficiaria de 30.000 euros.
As solicitudes deberán presentase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Adxuntos
- SubvencionsDeportivas (2 MB)