Boqueixón conta, a día de hoxe 5 de xaneiro, con 39 casos diagnosticados nos últimos días, o que supón un descenso de 8 casos con respecto a onte martes pero continúa mantendo unha incidencia acumulada en máis de 250. Pola contra, o número de positivos a 14 días medra ata os 73 casos, tres máis ca onte. A incidencia acumulada para o concello continúa superando os 500.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 56.456 deles 10.373 son da área da Coruña, 5.549 da de Lugo, 6.549 da de Ourense, 7.047 da de Pontevedra, 12.724 da área de Vigo, 10.567 da de Santiago e 3.647 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 298 en unidades de hospitalización e 56.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 206.301 persoas curadas, rexistrándose 2.786 falecementos.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.