Boqueixón conta, a día de hoxe 4 de xaneiro, con 47 casos diagnosticados nos últimos días, o que supón un descenso de 3 casos con respecto a onte luns pero que mantén a incidencia acumulada en máis de 250. Pola contra, o número de positivos a 14 días medra ata os 70 casos, dous máis ca onte. A incidencia acumulada para o concello continúa superando os 500.
A nivel de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública informa de que o número de casos activos de coronavirus é de 52.588 deles 9.587 son da área da Coruña, 5.068 da de Lugo, 5.948 da de Ourense, 6.695 da de Pontevedra, 12.202 da área de Vigo, 9.700 da de Santiago e 3.388 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 318 en unidades de hospitalización e 52.215 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 205.208 persoas curadas, rexistrándose 2.782 falecementos.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.