O Concello de Boqueixón organiza unha nova edición do seu tradicional Torneo Interparroquial de Fútbol Sala. A cita desenvolverase, como vén sendo habitual, no pavillón municipal do Forte os próximos 24 e 25 de decembro. Iso si, o torneo desenvolverase baixo medidas sanitarias e protocolos estipulados pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol para este tipo de eventos e que serán comunicadas aos equipos participantes.
As inscricións deberánse formalizar no Departamento de Deportes a través do teléfono 636 731 721 ou no e-mail deportes@boqueixon.gal. O prazo de presentación de solicitudes dos equipos participantes finaliza o vindeiro luns 20 de decembro, ás 14:00 horas.
Unha vez compiladas todas as solicitudes dos equipos inscritos, procederase ao sorteo dos grupos de competición. Este sorteo terá lugar o martes 21 de decembro, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Boqueixón.