A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá o sábado 11 de decembro, ás 19:30 horas, o espectáculo “Balbino. 60 anos de homenaxe a Galicia”. Trátase dun espectáculo conmemorativo dos 60 anos da publicación de “Memorias dun neno labrego” de Neira Vilas que chega da man do Concello de Boqueixón, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística e o Xacobeo 21-22.
Actuarán a Banda Unión Musical Ponteledesma, a soprano Noa Outumuro, a canción galega de Marina Vidal, veciña de Boqueixón, Josele e o grupo de baile e música tradicional Punteirolo. Todo presentado por Natalí González. A asistencia é de balde, se ben é preciso reservar entrada ata o 10 de decembro en cultura@boqueixon.gal.