O Concello de Boqueixón convoca “Educar en familia”, un programa educativo consistente en catro obradoiros mensuais para pais e nais. Uns talleres que terán lugar no CPI Antonio Orza Couto, en horario de 16:00 a 18:00 horas. A asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso inscribirse previamente no Departamento de Educación e Cultural, no 981 513 115 ou no mail cultura@boqueixon.gal.
O curso arrincará este 26 de novembro coa sesión “Intelixencia emocional real. Autoestima e motivación”. Para o 10 de decembro está programada a segunda sesión: “Que son os malos comportamento e como traballar para evitalos”. Con 2022 chegarán dous obradoiros máis: “Como poñer límites sen necesidade de castigos ou premios” (28 de xaneiro) e “Celos, pelexas, bullying… ferramentas básicas” (25 de febreiro).
O Concello de Boqueixón ofrecerá servizo de gardería aos pais e nais participantes. Os obradoiros estarán dirixidos por María Soto, do proxecto “Educa Bonito”. que aposta por unha disciplina positiva á hora de educar ás crianzas, apostando pola comunicación e o respecto para motivar aos nenos e nenas a querer avanzar. O programa está organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública.
Máis información sobre este método neste vídeo “Cómo establecer límites desde la disciplina positiva. María Soto, educadora”: https://www.youtube.com/watch?v=f5FDj_WSmeI