A Biblioteca Municipal de Boqueixón acollerá mañá mércores 27 de outubro, ás 18:00 horas, a presentación da unidade didáctica “Alén loita e acariña”, elaborada por Yolanda Neira, psicóloga do Centro de Información á Muller de Boqueixón, e a ilustradora local Blanca Millán. Unha presentación que contará coa presenza de:
- Manuel Fernández Munín, alcalde de Boqueixón
- Cristina Carbajales, directora do CIM de Boqueixón
- Yolanda Neira, psicóloga do CIM de Boqueixón
- Blanca Millán, ilustradora local.
Esta unidade didáctica ten a súa base no libro do mesmo nome, editado polo Concello de Boqueixón en 2020, e forma parte da programación especial do CIM de Boqueixón con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. “Alén loita e acariña” é un conto infantil que fala sobre a violencia de xénero e o acoso escolar desde unha perspectiva próxima ás crianzas. Sobre esta unidade didáctica basearanse moitas das actividades programadas polo CIM de Boqueixón con escolares de infantil e primaria do CPI Antonio Orza Couto.