O Concello de Boqueixón está a realizar esta enquisa de percepción da situación actual para elaborar un Plan de Mobilidade Urbana Sostible para o municipio. A enquisa é de carácter anónimo, coa única excepción da IP que emprega o ordenador desde onde se responde (para garantir que son respostas de persoas diferentes). Podes acceder a ela neste enlace: https://forms.gle/143CNDz6kEms7WLn9
O Concello de Boqueixón recolle estes datos co único obxectivo de coñecer os hábitos de mobilidade dos habitantes do municipio e as súas preferencias ou suxestións de cara a propoñer medidas que garantan o acceso universal, equitativo e seguro aos principais centros atractores/xeradores de viaxes, promovendo o uso de modos de transporte sostibles. Ao marcar o recadro final do texto da enquisa, a persoa usuaria acepta a política de privacidade do Concello de Boqueixón.
Para a elaboración dun Plan de Mobilidade realmente útil e establecer unha serie de propostas de actuación a corto e longo prazo axeitadas ás circunstancias particulares de Boqueixón precisamos contar coa maior información e suxestións da veciñanza posible, polo que che propoñemos a participación na enquisa e agradecemos que lles dediques o tempo preciso a respondela.