O Concello de Boqueixón convoca un obradoiro de memoria, que terá lugar no Forte todos os mércores de novembro a xuño, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Trátase dunha actividade grupal na que as persoas estimularán e reforzarán as súas funcións cognitivas: memoria, atención, percepción, linguaxe e imaxinación.
Dirixido a persoas maiores, o prezo é de 15 euros ao mes e o número de prazas é limitado. Máis información no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 513 115. Inscricións no Rexistro Municipal ou na Sede Electrónica, empregando esta folla de inscrición.
Adxuntos
- Ficha inscrición memoria (179 kB)