O Concello de Boqueixón organiza un curso de “Novas Tecnoloxías”, que terá lugar entre os meses de novembro e xuño. Haberá tres grupos, de acordo co nivel de coñecementos previos de cada persoa interesada:
- Nivel I: dirixido a persoas sen coñecementos previos de informática, polo que se comezará desde o máis básico. As clases serán no Forte, todos os martes, de 15:30 a 17:00 horas; ou en Lestedo, todos os venres de 10:30 a 12:00 horas. O prezo será de 15 €/mes.
- Nivel II: dirixido a persoas que xa saben, cando menos, manexar un sistema operativo, o rato, o teclado… Este grupo terá as clases no Forte, todos os xoves de 10:00 a 12:00 horas. O prezo será de 20 €/mes.
O número de prazas é limitado. Máis información no Departamento de Cultura (981 513 115). Inscricións no Rexistro Municipal ou na Sede Electrónica, cubrindo esta folla de solicitude.
Adxuntos
- 21-22 Ficha inscrición actividades (179 kB)