O próximo 4 de outubro comenzará o curso 2021-2022 nas escolas deportivas do Concello de Boqueixón, que rematará en xuño. Nas actividades infantís seguirase o calendario do curso escolar.
Aínda quedan algunhas prazas libres. As persoas interesadas poden inscribirse descargando a ficha (adulto, adulto2 e infantil) e enviándoa a deportes@boqueixon.gal ou de maneira presencial no Departamento de Deportes.
Algúns dos grupos están completos, pero as personas poden anotarse igual e pasar a formar parte da lista de reserva. No caso de contar con suficientes participantes, crearase un novo grupo. Así, as prazas son limitadas, con preferencia as persoas empradoadas. Poderán participar menores a partir dos 16 anos (con autorización).
O pagamento realizarase con carácter bimestral, mediante domiciliación bancarias. Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada. As actividades de Pilates, zumba, bailoterapia, ximnasia maiores están incluidas na cota do gimnasio do Forte.
As baixas deberán presentarse por escrito (descargando a ficha) ao Departamento de Deportes, no correo deportes@boqueixon.gal antes do día 20 do mes anterior.
Adxuntos
- Escolas deportivas curso 2021-22 (268 kB)
- Pilates Mat (2 MB)
- Baila e desfruta Zumba (3 MB)
- Escolas deportivas adultos +65 (2 MB)
- Ximnasia rítmica (2 MB)
- Patinaxe (669 kB)
- Información fichas de inscrición de baixa (2 MB)
- Ficha adultos (151 kB)
- Ficha adultos2 (148 kB)
- Ficha infantil (142 kB)
- Ficha baixa (110 kB)