O Concello de Boqueixón informa de que o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude organiza un curso gratuíto de Fruticultura Ecolóxica, de 24 horas de duración. O curso terá lugar os venres 15, 22 e 29 de outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas; e os sábados 16, 23 e 30 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Organizado polo CFEA de Sergude, a inscrición é de balde, se ben o número de prazas é limitado. Infórmate e inscríbete chamando ao teléfono 881 867 331 ou enviando un mail a cursos.agacal.seergude@xunta.gal.
Este curso de Fruticultura Ecolóxica inclúe catro temáticas: deseño e realización da plantación, coidados posteriores á plantación, poda e formación de froiteiras e multiplicación e propagación de froiteras. O alumnado recibirá coñecementos como preparación e mantemento do chan, sistema de rega, fertilización, protección do cultivo das pragas e enfermidades, enxertos, tipos de poda…