Dous mozos de Boqueixón veñen de conseguir o certificado oficial do nivel B2 de Oxford, tras superar un exame de competencias en inglés que constaba de catro partes diferenciadas: comprensión lectora, comprensión auditiva, expresión oral e expresión escrita. Unhas probas que superaron con suficiencia.
Nun acto celebrado no salón de Plenos, o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, entregoulles os diplomas que acreditan os niveis B2 de inglés a Alejandro e Martín, quen levan dende Primaria participando nos cursos de inglés convocados polo Concello. Unhas clases que comezarán o vindeiro mes de outubro e se estenderán ata xuño no CPI Antonio Orza Couto, divididas en grupos de infantil, secundaria e mocidade.