ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA.
Obxecto e réxime das subvencións:
– As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais.
– Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 a adquisición de:
1) Acondicionamento do local comercial, sempre non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda. Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares. Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais. Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Beneficiarios:
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións os comerciantes retallista:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Que, tendo a condición de peme empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa.
c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.
d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Solicitudes e prazo de presentación:
1. A documentación presentarase na sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
2. O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2014.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.pdf