O Concello de Boqueixón informa da convocatoria de 57.565 prazas para persoas maiores, que desexen participar no Programa de Termalismo do IMSERSO 2021. Desenvolverase no período comprendido entre os meses de outubro e decembro de 2021.
Normativa
- Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015). Novidades da nova Orde
- Resolución do 18 de agosto de 2021, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. (BOE nº 208 do 31/08/2021)
Requisitos das/dos usuarios/as
- Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
- As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
-
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non desfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
- Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
- Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Así mesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o desfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación
Prazas e quendas convocadas
Convócanse 57.565 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, así como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021.
Servizos
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
- Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuitamente polo balneario.
- Póliza colectiva de seguro turístico.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I indicado na columna final, realizarase desde a localidade máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,09 euros, oscilando o seu importe entre 144,20 euros e 234,31 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.
Prezo e forma de pago das prazas
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:
- Con antelación á súa incorporación no balneario e nos prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
- A diferencia entre o custe da praza e a cantidade abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.
Documentación
- Solicitude telemática. Consulta de trámite | Solicitude 2021 (pdf).
- A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Lugar de presentación
- Servizos Sociais Comunitarios
- Centros dependentes da Consellería de Política Social (centros socio comunitarios, clubs da terceira idade, etc.)
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
Para encher e presentar as solicitudes disponse dos seguintes medios:
– Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recoméndase a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
– Descargar e cumprimentar a Solicitude 2021, e remitila por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso
- En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.
Prazo de presentación
As solicitudes deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021. Unha vez admitidas e verificadas as prazas serán adxudicadas, como en anos anteriores; en caso de non ter praza incluirase na orde que corresponda segundo a valoración na «Lista de Espera de Prazas»
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
Máis información
- Balnearios participantes por Comunidade Autónoma 2021 e prezos
- Balnearios participantes
- Web IMSERSO
- Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080
- Servizos Sociais do Concello de Boqueixón