ORDE do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (DOG. núm. 14, 22 de xaneiro de 2014).
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN: establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A relación das unidades de competencias e prazas obxecto de acreditación (ANEXO I)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E INSCRICIÓN
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel na Secretaría do centro onde se vaia desenvolver o procedemento. A solicitude de participación atópase na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
– A presentación da fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou autorización de residencia e traballo en vigor en España, só será necesaria en caso de que a persoa solicitante non autorice a consulta de datos no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
– Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo.
– Documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo segundo o establecido no artigo 7.
– Declaración responsable segundo o modelo de anexo IV, de non estar en posesión ou en vías de obter as unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición, xa sexa por estar matriculado actualmente nas ensinanzas de formación profesional inicial (ordinario ou modular), ou realizando un curso de formación para o emprego ou por estar participando simultaneamente noutro procedemento de acreditación de competencias profesionais.
Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.
Para obter máis información e axudarvos na tramitación da documentación poderán chamar o Concello ó Departamento de Formación e Emprego 981513061.
+ INFO: DOG. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140122/AnuncioG0164-150114-0005_gl.pdf