O Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón vén de facer uns cambios sobre o programa orixinal das “Noites de Cine” para o vindeiro mes de agosto. Así, as proxeccións terán lugar ás 22:30 horas, media hora antes do inicialmente programado, e a entrada será de balde. A outra novidade é que será preciso inscribirse previamente ben presencialmente no Departamento de Cultura, por teléfono no 981 513 115 ou por mail a cultura@boqueixon.gal. Polo demais, a programación é a xa coñecida: “Donkey Xote” (campo do río de Ponte Ledesma, 7 de agosto) e “Pinocho 3.000” (campo da feira de Lestedo, 14 de agosto). Un programa organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña.
A maiores, o campo da feira de Lestedo acollerá o domingo 15 de agosto, ás 22:30 horas, a proxección da comedia “Cuñados”, recomendada para maiores de 7 anos. Para asistir a esta proxección será preciso recoller entrada no Concello de Boqueixón, entre o 9 e 13 de agosto, ou retirala no propio campo da feira de Lestedo o domingo 15 de agosto, unha hora antes do pase.