O Concello de Boqueixón informa de que a Consellería de Política Social convoca o Programa Xuventude Crea para este ano 2021 nas seguintes especialidades: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación.
Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, creación de videoxogos, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual. Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto de 2021. Por cada unha das especialidades haberá tres premios de 3.000, 1.500 e 1.000 €. Cada persoa participante non poderá recibir máis de un premio por especialidade. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS310Q. Máis información no DOG do 9 de xullo de 2021 e en http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea