Os proxectos subvencionables deberá estar vinculados á consolidación ou posta en marcha, entre outras, das actividades do sector construción, transporte e almacenamento, servizos hostaleiros de aloxamento, servizos de información e comunicacións, actividades profesionais, científicas e técnicas, educación, actividades sanitarias e de servizos sociais, actividades artísticas, recreativas e de entretenemento.
Para proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 euros.
Son conceptos subvencionables os bens de equipamento de carácter tecnolóxico en xeral ligados directamente ao servizo prestado pola peme, Equipamentos para proceso de datos, Software ligado ao servizo prestado pola empresa, mobiliario e elementos decorativos e activos fixos destinados ao almacenaxe e loxística.
A subvención poderá chegar ata o 40% do gasto subvencionable para medianas empresas e ata o 50% para pequenas empresas.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pemes constituídas no momento de presentación das solicitudes e as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 18 de febreiro de 2014.
O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro de 2014 para os proxectos que finalicen no 2014 e o 30 de xuño de 2015 para os proxectos que finalicen no ano 2015.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131202/AnuncioO92-261113-0004_gl.html
FICHA RESUMO DO IGAPE: