MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE – BOE, 11 DE XANEIRO
Resolución do 17 de decembro de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas para a realización de estudos de Máster en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais en Universidades de Estados Unidos de América para o curso 2014-2015.
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:
a) Os solicitantes deberán ter concluido os seus estudos con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2010. Os estudantes que estean finalizando a licenciatura ou os estudos de grao no curso 2013-2014, non poderán participar na convocatoria.
b) Os solicitantes deberán acreditar unha nota media do expediente académico na escala 0-10, igual ou superior a 7 puntos. O cálculo da nota media efectuarase de conformidade coas instrucións do Anexo I.
c) Non ter desfrutado bolsas para a realización de estudos de Máster no extranxeiro por un período superior a 12 meses.
d) Non ter obtido ningunha titulación superior en EE.UU. nin estar realizando estudos de postgrado ou proxectos de investigación predoutoral en EE.UU.
e) Non ter rematado ningún doutorado.
f) Non ter desfrutado unha beca Fulbright de ampliación de estudos de posgrao.
g) Excelente coñecemento do idioma inglés.
SOLICITUDES E PRAZO:
As solicitudes se cumprimentarán nos formularios que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fará accesible na súa sede electrónica http://sede.educacion.gob.es.
As solicitudes poderán ser presentadas polos candidatos que cumpran os requisitos establecidos no artículo 4 da presente convocatoria, desde o 3 de febreiro de 2014 ata as 14,00 horas (horario peninsular) do 21 de febreiro de 2014, ambos inclusive.
MINISTERIO DA PRESIDENCIA – BOE, 11 DE XANEIRO
Resolución de 7 de xaneiro de 2014, da Xerencia do Consello de Administración do Patrimonio Nacional, pola que se publica o Acordo de convocatoria de seis bolsas para posgraduados para o ano 2014.
As especialidades das bolsas son as seguintes:
Beca n.º 1: Recursos humanos e relacións laborais
Beca n.º 2: Tecnoloxías da información e comunicacións
Beca n.º 3: Revisión do inventario das coleccións histórico-artísticas (Coleccións Reais)
Beca n.º 4: Plan de recuperación da cegoña negra no Monte do Pardo
Beca n.º 5: Xestión de exposicións e publicacións do Patrimonio Nacional
Beca n.º6: Análise xurídico e económico dos Reais Patronatos xestionados polo Patrimonio Nacional
BENEFICIARIOS:
a) Estar en posesión do título esixido na convocatoria e ter terminado os estudos na data establecida pola convocatoria.
b) No ter sido beneficiario, ou non selo no momento de presentar a solicitude de bolsa do Consello de Administración do Patrimonio Nacional.
c) Os adxudicatarios deberán acreditar encontrarse ó día no cumprimento de súas obrigaciones tributarias e fronte á Seguridade Social.
SOLICITUDES E PRAZO:
As solicitudes se formalizarán no modelo que figura no modelo adxunto e se poden enviar mediante correo electrónico á seguinte dirección: becas@patrimonionacional.es adxuntando a documentación escaneada xunto co documento nacional de identidade ou calquear outro documento acreditativo de identidade do solicitante no que conste súa firma manuscrita.
O prazo de presentación das solicitudes finalizará ós quince días naturais contados a partir do seguinte ó día da publicación desta convocatoria no BOE.
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE – BOE, 15 DE XANEIRO
Resolución de 27 de decembro de 2013, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan as 76 bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia das institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, correspondentes ó ano 2014.
Distribución das becas en seis modalidades:
A)Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
B) Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas.
C) Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas.
D) Bolsas de Arquivística: 15 bolsas.
E) Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas.
F) Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.
BENEFICIARIOS:
Estar en posesión da titulación académica oficial requerida para cada unha das modalidades de bolsa.
Cumprir coa titulación e os requisitos específicos do perfil indicado para cada modalidade (Anexo I).
A solicitude dunha bolsa implicará a conformidade co dispuesto nesta convocatoria, e na Orde CUL/3810/2004, de 15 de novembrO, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das becas FormARTE.
SOLICITUDES E PRAZO:
As solicitudes poderán presentarse preferentemente, por vía electrónica, a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: http://sede.mcu.gob.es/SedeElectronica no apartado «Trámites e Procedementos».
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación da presente Resolución no BOE.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. – DOG, 14 DE XANEIRO
Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan oito bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.
BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación: Historia, Historia da Arte e Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de: Arqueoloxía, Pintura ou Escultura.
Acreditar dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
SOLICITUDES E PRAZOS:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.es
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.