O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases Verán Activo 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de inscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita inscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, xunto coa documentación requerida, ben por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente) ou presencialmente por rexistro.
Bases Verán Activo 2021
Programa lúdico-educativo para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e ao mesmo tempo como alternativa de ocio dos/das menores en períodos vacacionais de verán.
O desenvolvemento das actividades contará coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.
Lugar
Instalacións municipais do Forte e CPI Antonio Orza Couto.
Datas
Dende o 22 de xuño ao 7 de setembro.
Horarios
De luns a venres de 09:00 a 14:00 con ampliación horaria por maior necesidade de conciliación de 08:00 a 09:00 e de 14:00 a 15:00, nos meses de xullo e agosto.
+ Concilia: ampliación horaria por necesidades de conciliación nos meses de xullo e agosto.
A ampliación horaria abarcará de 08:00 a 09:00,de 14:00 a 15:00 ou ambas.
O número máximo de grupos será de dous en ambos horarios.
Nº de prazas
23 ao 30 de xuño: 25
Mes de xullo: 60
Mes de agosto: 30
1 ao 7 de setembro:20
Destinatarios
Menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizados en infantil e primaria.
Criterios de admisión por orde de prioridades
1º Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).
2º Escolarizados/as nun centro educativo do concello.
3º Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.
4º Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.
5º Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
Criterios de baremación
No caso de existir maior número de solicitudes que de prazas ofertadas
- No caso de empate de puntuación realizarase o desempate por sorteo.
SITUACIÓN SOCIOLABORAL E FAMILIAR | |
– Emerxencia social – Menores incluídos no programa de educación familiar – Familia con persoas con discapacidade a cargo – Familias con persoas dependentes a cargo – Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (564,90€) – Outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.
| 5 puntos |
Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (847,35€) | 4 puntos |
Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM (1.412,25€) | 3 puntos |
Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM (2.259,6€) | 2 puntos |
Unidade familiar con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM (3.671,85€)
| 1 punto |
Situación de familia numerosa. | Xeral 1 punto |
Especial 2 puntos |
SITUACIÓN LABORAL OU OCUPACIONAL | |
Familias biparentais: 1- Cando as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais traballen no mercado laboral. 2- Cando unha das persoas proxenitoras ou titoras legais traballe no mercado laboral. | 3 puntos 1 punto |
Familias monoparentais: 1- Cando a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral. 2- Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.
| 5 puntos 2 puntos |
Fogar monoparental: 1- Cando a persoa proxenitora ou titora legal traballe no mercado laboral. 2- Cando a persoa proxenitora ou titora legal se atope en situación de desemprego.
| 5 puntos 2 puntos |
Prezos + Concilia prezo x hora
Quendas | Custo |
Semana | 30 € |
Quincena | 60 € |
Mes | 120 € |
Días soltos | 10€/día |
Quendas | Custo |
Semana | 5 € |
Quincena | 10 € |
Mes | 20 € |
Días soltos | 2€ /día |
Criterios de bonificacións
- Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.
Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. | 100% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. | 100% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.
| 80% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.
| 70% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM.
| 50% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 6,5 veces o IPREM.
| 35% |
Unidades familiares con ingresos superiores a 6,5 veces o IPREM.
| 20% |
Condición de familia numerosa xeral.
| 40% |
Condición de familia numerosa especial.
| 50% |
Pago
O pago poderá realizarse nun pago único ou fraccionado por mes. O importe correspondente será ingresado na conta do concello cunha antelación de 5 días antes do comezo da actividade, especificando en concepto, o nome, apelidos e quenda na que participa.
Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666
O xustificante de pago deberá enviarse ao e-mail cim@boqueixon.gal . A non recepción do xustificante en prazo desestimará a solicitude.
Inscricións
Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:
- Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente). Incluír documentación en solicitude xeral.
- Presencialmente por rexistro.
Unha vez finalizado o prazo de inscricións, no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes seguindo o rexistro de entrada.
Procedemento de confirmación de prazas
- Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 5 días naturais para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase transcorridos 3 días hábiles dende o remate do prazo de alegacións.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
En todos os casos solicitud de inscrición.
1. ADMISIÓN
- No caso de pai, nai, titor/a que traballe no termo municipal: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
- No caso de que o/a participante se atope desfrutando das vacacións no termo municipal: declaración responsable.
2. BAREMACIÓN E BONIFICACIÓN
- Declaración da renda do 2020 ou xustificante acreditativo de non ter que
- Documentación xustificativa da situación laboral do pai/nai, titor/titora: fotocopia de encabezamento da última nómina, certificado de empresa ou no caso de autónomos/as fotocopia do último recibo de pago.
- Documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental ou fogar monoparental se é o caso.
- Documento acreditativo, no caso de, emerxencia social, menores incluídos no programa de educación familiar, familia con persoas con discapacidade a cargo, familias con persoas dependentes a cargo ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais se é o caso.
Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal, cim@boqueixon.gal
Adxuntos
- BasesVeranActivo2021 (30 kB)
- FichaVeranActivo2021 (345 kB)