A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras e convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a persoas autónomas e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (Programa Bono Enerxía Peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z). Con esta medida, preténdese axudar a pemes e negocios de persoas autónomas a acadar un aforro na factura enerxética, reducindo o consumo. O anuncio do DOG pódese consultar nesta ligazón.
Dende a Consellería de Economía, Empresa e Innovación concretaron que as axudas se poden destinar á mellora da envolvente a través de toldos ou láminas de control solar ou térmico; á renovación dos equipos de iluminación interior ou exterior; á mellora das instalacións eléctricas; á renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras. Tamén se poden subvencionar accións de renovación ou mellora de equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria, ademais de sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto dun xeito máis eficiente.
1. Persoas e entidades beneficiarias
Empresas legalmente constituidas e persoas empresarias autónomas que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída dentro das seguintes seccións do CNAE 2009:
- Sección G: comercio por xunto e polo muído, divisións de 45 a 47, ambas incluídas.
- Sección I: hostalería, divisións de 55 a 56, ambas incluídas.
- Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entremento, divisións de 90 a 93 incluídas.
2. Contía da axuda
- A contía da subvención será do 80% do custo elixible da actuación.
- A contía máxima da axuda será de 6.000 euros por solicitude.
- O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non exce-derá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 20.000 euros para empresas do sector agrícola.
- En ningún caso, o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá superar o valor do mercado.
3. Forma de prazo de presentación de solicitudes
- As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
- O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 09.00 horas do 14 de abril e rematará o 30 de xuño de 2021.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
4. Prazo para a execución da instalación
- A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2021.