A Deputación Provincial da Coruña vén de poñer en marcha una programa de formación en liña dirixido a entidades deportivas. Baixo o título Comunicación a través das redes sociais, procúrase introducilas no mundo da análise dixital e as súas rendibilidades. Para iso, organízanse 7 accións formativas pola provincia, a desenvolver nos meses de maio e xuño.
Ditas accións formativas constan de 6 horas de duración que se distribuirán en 3 sesións (xoves, venres e sábado) e 2 horas por día. Para poder participar as persoas e entidades deportivas interesadas deberán que cubrir a ficha que se adxunta no tríptico informativo (que se pode descargar no arquivo anexo ou premendo aquí).
A formación é de balde, previa inscrición no rexistro da Deputación Provincial da Coruña ou a través da sede electrónica. No caso de Boqueixón, o prazo de inscrición estenderase entre os días 20 de abril e 5 maio. As prazas están limitadas a 50 e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Máis información, https://www.dacoruna.gal/deportes/accions-formativas/