No Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro saen publicadas as seguintes convocatorias:
– RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2021 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A).
– RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B).
Para máis información o axuda na súa tramitación pódese pedir cita no Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón (cim@boqueixon.gal ou no teléfono 981513061) ou ben contactar coa Secretaría Xeral de Igualdade (Teléfonos: 881 999 164, 981 545 373 ou correo electrónico vx.igualdade@xunta.gal).
Axudas do artigo 27 da Lei 1-2004 e artigo 43 Lei 11-2007