A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu esta tarde a Recepción Real das Súas Maxestades. Melchor, Gaspar e Baltasar ofreceron visitas personalizadas a máis de medio cento de familias que quixeron que as crianzas realizasen as súas peticións directamente aos Magos de Oriente.
Tras finalizar esta recepción real, procedeuse ao sorteo de 4 agasallos, realizado en colaboración con SBC Gasolineras, como en anteriores ocasións. O alcalde, Manuel Fernández Munín, e a concelleira de Educación, Cultura, Deporte e Xuventude, Marta Copóns Neira, encargáronse de facer entrega dos premios ás dúas das crianzas gañadoras: Daniel Cereijo Illobre e Mateo Castro Figueiras (cuxo agasallo recolleu súa nai). As dúas crianzas gañadoras restantes -Lucas Penas Otero e Lorena Pallares Vázquez- recibiron cadanseu premio na Casa do Concello de mans do rexedor.