O programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón celebrou as pasadas datas festivas cun completo obradoiro de Nadal. Nesta ocasión, a actividade supuxo a creación dunha candea decorada con elaboración e deseños propios.
Esta proposta foi moi ben acollida entre as persoas participantes neste programa municipal. Ademais, serviulles para decorar os seus respectivos fogares durante estas datas tan sinaladas.
O programa de Prevención da Dependencia boqueixonés conta con 7 maiores participantes. As actividades desenvólvense todos os martes e xoves no local da parroquia de Vigo en horario de 16.00 a 19.30 horas. Esta iniciativa posta en marcha polo Concello inclúe propostas como estimulación cognitiva, obradoiro de memoria, xerontoximnasia, psicomotricidade fina, musicoterapia,…
Debido á crise sanitaria, organízase o programa cumprindo a normativa vixente de 5 participantes máis a educadora. Así mesmo, aplícanse todas as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19 (máscara, control de temperatura, hidroxel, desinfección tanto de materiais como de aula…).