Convócanse axudas para a realización de estudios universitarios de medicina/ veterinaria durante o curso académico 2013 – 2014.
IMPORTE DAS AXUDAS:
O importe máximo para a concesión de ditas axudas, previsto no presuposto da Fundación, para o curso 2013-2014, ascende a 4.640,00 €, podendo variar en función dos rendementos netos, pero nunca será inferior ao 80% dos mesmos tal como sinalan os estatutos da Fundación no seu artigo 27.1.
BENEFICIARIOS:
Serán beneficiarios destas axudas os estudantes pertencentes a calquera parroquia do concello de Boqueixón, e que figuren empadroados a data de aprobación das bases polo Padroado da Fundación.
Terán preferencia en igualdade de condicións os estudantes que obtiveran ditas axudas no curso 2012/2013 e pertenzan á parroquia de Ledesma.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende o 18 de novembro ata o 19 de decembro (ámbolos dous inclusive) do 2013.
DOCUMENTOS QUE DEBERÁN ACHEGARSE Á SOLICITUD:
- Copia do DNI do solicitante
- Copia do libro de familia
- Copia da declaración da renda das persoas físicas ou solicitude de devolución do ano 2012, de tódolos membros que convivan no domicilio familiar.
- Copia dos datos económicos que figuran na Axencia Estatal da Admón Tributaria do ano 2012, correspondentes ós membros computables que non presenten declaración da renda ou solicitude de devolución.
- Xustificantes de ingresos das entidades pagadoras no caso de non estar obrigado a realiza-la declaración da renda do ano 2012.
Sentencia de separación de matrimonio, no seu caso
Para alumnos que inicien estudios universitarios:
- Copia da tarxeta de selectividade ( cotexada )
- Notas de segundo de bacharelato ou COU ( cotexadas )
- Para alumnos que continúen estudios universitarios:
- Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nas materias nas que estean matriculados no ano 2012 – 2013 ( cotexada )
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Teranse en conta fundamentalmente os seguintes criterios:
- Situación económica do solicitante
- Traxectoria académica do solicitante
- Existencia ou non doutras axudas
Bases[attachments docid=”3629″]
Modelo solicitude [attachments docid=”3631″]
Adxuntos
- Bases (12 kB)
- MODELO DE SOLICITUDE (12 kB)
- Bases (12 kB)
- Bases (12 kB)
- Bases (12 kB)
- MODELO DE SOLICITUDE (12 kB)
- MODELO DE SOLICITUDE (12 kB)
- MODELO DE SOLICITUDE (12 kB)