O Concello de Boqueixón adheriuse, no ano 2019, ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), comprometéndose a cumprir cos obxectivos que implica a Axenda 2030 e o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía.
Por tanto, o Concello de Boqueixón está a elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) en colaboración cos servizos técnicos e administrativos do Concello. Este documento definirá as liñas estratéxicas a nivel municipal para afrontar as consecuencias derivadas do cambio climático no que se redactarán medidas de mitigación e adaptación deseñadas para alcanzar os obxectivos, calendario e responsabilidades nos próximos anos.
A realización do PACES conta co apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).