O Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón abre unha convocatoria extraordinaria de inscricións para o programa de conciliación estival Verán Activo. Este programa lúdico-educativo pretende facilitar a conciliación das familias con menores durante os meses de verán. As bases completas pódense consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais de O Forte e no CPI Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19. Os grupos de participantes son de entre 6 e 8 nenos/as e sempre dependendo da idade. O horario será de 09.00 a 14.00 horas, ofrecendo a posibilidade de ampliación horaria de 08.00 a 15.00 horas.
As prazas dispoñibles son as seguintes:
- 2ª Quincena de xullo : 1 praza nados/as ano 2016/2015, 2 prazas nados/as 2014.
- 1ª Quincena de agosto: 1 praza nados/as 2016/2015/2014, 2 prazas nados/as 2008 e 2011 (ambos incluídos).
- 2ª Quincena de agosto: 1 praza nados/as entre 2008 e 2012 (ambos incluídos).
As persoas interesadas en solicitar algunha destas prazas deberán realizar a inscrición entre o 8 e o 12 de xullo, enviando a solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:
- Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente).
- Por correo electrónico a cultura@boqueixon.gal.
- Presencial con cita previa (981 513 115).
Documentación que deben achegar xunto á ficha de inscrición:
- Documentación xustificativa da situación laboral dos pais (en caso de estar en situación de baixa, excedencia ERTE ou estar en situación de desemprego no momento de solicitar praza, deberá achegar fotocopia do documento polo que se recoñece a situación).
- Declaración da renda do 2018 ou xustificante acreditativo de non ter que
- Documento acreditativo de familia numerosa ou familia monoparental, se é o caso.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, cun prazo para a presentación de reclamacións de 2 días hábiles e posteriormente publicarase a listaxe definitiva.
Máis información sobre este programa no teléfono 981 513 115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FichaVeranActivo2020 (188 kB)
- DecretoVacantesVeranActivo (209 kB)