A Secretaría de Estado de Turismo en coordinación co Ministerio de Sanidad elaborou as guías de especificacións para a redución do contaxio por coronavirus SARS-COV-2. As guías conteñen especificacións de servizo, limpeza e desinfección, mantemento e xestión de risco para os diferentes subsectores do sector turístico.
Na súa elaboración participaron as Comunidades Autónomas, Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), os axentes sociais, as asociacións de cada subsector, expertos participantes nos grupos de traballo e a Asociación Española de Servizos de Prevención Laboral (AESPLA), coordinados polo Instituto de Calidade Turística, entidade a que á Secretaría do Estado de Turismo encomendou esta labor.
Consulta aquí toda a información.