O uso das pantallas -teléfono, tablet ou ordenador- incrementouse en gran medida nos últimos meses, dada a situación de confinamento derivada do Estado de alarma pola emerxencia sanitaria que estamos a vivir. Por iso é importante que as familias presten atención ao uso que realizan das novas tecnoloxías da información os máis pequenos da casa e, especialmente, os adolescentes.
Para facer un uso razonable e positivo das canles online e das diferentes pantallas, especialmente no caso de nenos e nenas ou adolescentes, compartimos as seguintes recomendacións. Para mais información consultar co Servizo de Prevención de Condutas Adictivas do Concello de Boqueixón no teléfono 981 513 115.
DECÁLOGO PANTALLAS CORONAVIRUS versión definitiva GALEGO