Con motivo da situación excepcional que se está atravesando e o estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, o Centro de Información á Muller de Boqueixón comunica o seguinte:
- Suspéndense os servizos de atención directa e persoal á poboación (mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou menores que as acompañen) tanto a nivel xurídico como psicolóxico, salvo situacións de gravidade que requiran atención directa, adoitando neste caso, as medidas de prevención establecidas.
- Mantense a atención telefónica e por correo electrónico no seguinte teléfono de contacto: 981 513 061 e correo electrónico cim@boqueixon.gal.
Horarios de atención: 9.00 a 14.00 horas
- Infórmase igualmente da dispoñibilidade dos seguintes teléfonos de atención:
Teléfono de atención a vítimas de maltrato: 016
Teléfono de atención dispoñible as 24 horas: 900 400 273
Teléfono para persoas con discapacidade auditiva: 900 116 016