A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, convoca catro programas de difusión cultural. O prazo para solicitar este tipo de espectáculos da Rede Cultura 2020, no marco do programa Alicerce, por parte das Asociacións abriuse o 10 de marzo e permanecerá aberto ata o 26 de marzo ás 14:00 horas.
Consulta toda a información desta axuda aquí.