Os participantes do Programa de Prevención da Dependencia festexaron por todo o alto o Entroido no local social de Vigo, onde actualmente ten lugar esta actividade coordinada por María Pereira. Todos e cada un dos usuarios deste servizo estiveron disfrazados durante toda a tarde cos completentos máis orixinais, e tiveron ocasión de degustar os produtos típicos do Entroido elaboradosde forma artesanal. Así, entre todos compuxeron un menú con orellas, filloas, rosquillas e outros doces, e con chourizos e chicharróns.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Seijo, tamén participou desta divertida xornada, e puido degustar estes manxares de Entroido.