O venres 7 de febreiro o Centro Abanca Obra Social en Santiago de Compostela acollerá a xornada “Monte e saúde”, organizada pola Asociación Forestal de Galicia. Expertos en saúde abordarán diferentes perspectivas do monte como espazo saudable, dende o exercicio e a contribución ao benestar das persoas á utilización dos produtos que albergan os montes galegos e que se poden utilizar na medicina actual, cosmética ou na farmacopea, apostando ademais por unha xestión sostible destes espazos. A primeira sesión centrarase no Pico Sacro.
Esta xornada organízase dentro do proxecto BIOTECFOR, bionegocios e tecnoloxía para a valorización eficiente dos recursos forestais endóxenos no norte de Portugal e Galicia dentro do programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) (2017-2019). O programa pódese descargar aquí.
A entrada é gratuíta pero é preciso inscrición previa, que pode facerse dunha das seguintes maneiras:
- Enviando un correo electrónico co nome, apelidos e teléfono da persoa que queira inscribirse a afg@asociacionforestal.org
- Chamando aos teléfonos 981 564 011 ou 618 752 214
Estas conferencias compleméntanse con dúas actividades no campo organizadas polo Instituto de Baños de Bosque, nas que un especialista deste Instituto acompañará ás persoas interesadas que gozarán dunha sesión de baños de bosque o 8 e 9 de febreiro