A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de establecer a alerta LARANXA por ventos que afectará ao interior da comunidade galega dende primeiras horas de mañá, sábado día 21 de decembro.
Quedan suspendidas todas as actividades deportivas ao aire libre previstas para mañá sábado. Se as condicións meteorolóxicas non mudan, procederase tamén á suspensión das do domingo 22.
Do mesmo xeito, o Concello de Boqueixón informa de que a empresa xestora do encoro de Portodemouros (Naturgy) procede á apertura de portas para liberar o caudal. Isto provocará o incremento do nivel de auga no río Ulla. Recoméndase á veciñanza que non se debe achegar ás beiras deste curso fluvial polo risco de inundación.
Para consultar máis información sobre o estado das alertas sobre fenómenos meteorolóxicos adversos, pódese acceder á web da Axencia Galega de Emerxencias: https://www.axega112.gal/