A Red Araña (Red de entidades polo emprego, www.empleoenred.org) oferta un Curso de Vendas e Atención ao Cliente. Esta acción formativa é de balde e está dirixida á mocidade de entre 16 e 35 anos que deben estar dados/as de alta como demandantes de emprego.
As sesións desenvolveranse en Santiago entre o 4 e o 8 de novembro en horario de mañás. Na semana do 11 ao 15 realizaranse prácticas laborais en empresas da zona.
Para máis información, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa Red Araña a través do teléfono 988 107 629 ou a través do enderezo electrónico apes.proyectos@gmail.com.