ORDE do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG. núm. 107 do 6 de xuño de 2013)
Obxecto da convocatoria: favorecer o emprego estable, facilitar a empregabilidade e ocupacionalidade dos traballadores con maior dificultade de inserción laboral, especialmente as persoas novas sen cualificación profesional, as persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade, persoas que esgotasen a prestación por desemprego a través dos seguinte programas:
I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial- Programa Conii (anexo I).
II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Programa Estabiliza (anexo II).
III. Programa de incentivos á contratación temporal de colectivos en risco de exclusión social. Programa Inserta (anexo III).
Entidades beneficiarias:
1 As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica e aqueles que aínda que carezan de personalidade xurídica contraten traballadoras/es por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
2 Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Solicitudes: presentaranse preferiblemente por sede electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
Prazo: As axudas poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. O prazo das axudas remata o 30 de setembro de 2013 aínda que hai que ter en conta os prazos anteriormente indicados.
As solicitudes de axudas por contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2012 e a data de publicación desta orde, poderán presentarse no prazo dun mes desde a publicación desta orde.
+INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130606/AnuncioCA05-310513-0001_gl.pdf