O vindeiro 28 de maio desenvolverase en Santiago de Compostela unha nova edición do Día Emprendedor de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, co obxectivo de achegar a emprendedores e novos empresarios as habilidades e os recursos existentes para apoiar a posta en marcha de novas empresas e conseguir a súa consolidación ou a súa internacionalización.
Na súa edición deste ano, o Día Emprendedor de Galicia incluirá itinerarios para mostrar exemplos de emprendemento con éxito, para promover novas oportunidades de creación de empresas, para amosar as diferentes vías de acceso ao financiamento, para adestrar a novos emprendedores nas habilidades necesarias para poñer en marcha novas empresas, ou sobre a importancia e as posibilidades da cooperación no eido do emprendemento.
O Día Emprendedor de Galicia 2013 contará este ano cun relatorio de Pilar Jericó, especialista en estratexia e organización de empresas, profesora en escolas de negocio no Instituto de Empresa, ESADE e Universidade Carlos III, e autora de textos de referencia no ámbito da xestión empresarial e, especialmente, no referido á xestión do talento.
Programa e inscricións:
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
O vindeiro 28 de maio, día Emprendedor de Galicia 2013
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir