RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013 pola que se modifican as bases reguladoras aprobadas mediante Resolución do 7 de agosto de 2012 e se convocan para o ano 2013 as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Obxecto da subvención: potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.
Beneficiarios: empresas privadas, con domicilio e alta fiscal no IAE en Galicia e que dispoñan de menos de 10 traballadores, non superen os 2 millóns de euros para o volumen de negocio anual. Dispór de contrato de conexión a internet de alta capacidade.
Contía das axudas: ata un máximo do 50% dos investimentos subvencionables. O máximo subvencionable é de 30.000 €.
Prazo de solicitude: un mes contado dende o día seguinte ó da publicación no DOG.
Gastos subvencionables:
– Equipos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa: ordenadores servidores de rede, equipos de comunicación en rede de cobre ou óptica, equipos de comunicación de rede sen fíos.
– Equipos para seguridade de rede de datos da empresa
– Elementos do cableado esruturado
– Suministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware do solicitante.
Gastos non subvencionables: páxinas web, licenzas de software ofimático, elementos de usuario, elementos de rede de datos, cablado e rede se fíos que non destinen para uso exclusivo da empresa solicitante, elementos funxibles ou removibles, servizos de mantemento ou garantía sobre elementos adquiridos, conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
Solicitudes (artigo 6 das bases):
Modelo A do anexo II // Documento acreditativo de quen asina a solicitude
NIF do solicitante // Informe vida laboral das contas de cotización
Modelo 036 de declaración anual // Memoria técnica explicativa
Declaración de axudas no Modelo B // Orzamento detallado (modelo D)
Acreditación de contrato a internet de alta capacidade
Plano do Sixpac indicando coordenadas do proxecto
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130507/AnuncioO90-260413-0001_gl.pdf