Resolución de 16 de abril de 2013, da Presidencia do Tribunal Constitucional, pola que se publica o Acordo do Pleno do Tribunal Constitucional polo que se convocan becas de formación relacionadas coa doctrina constitucional do Tribunal Constitucional (BOE NÚM. 99, 25 DE ABRIL DE 2013)
Obxecto e condicións
As becas teñen por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doctrina constitucional.
Convócanse 6 becas, que terán unha duración máxima de 12 meses. As becas poderán ser prorrogadas.
Quen teña disfrutado dunha beca non poderán solicitarla novamente, salvo que por razóns non imputables a eles houbesen disfrutado dunha beca en convocatoria anterior por prazo inferior a 6 meses.
Dotación da beca: será de 1.100 euros brutos mensuais.
Prazo de presentación: un mes desde o día seguinte á publicación desta Resolución no BOE.
Requisitos dos beneficiarios:
a. Título de licenciado, ou Graduado en Dereito ou título doutro país que acredite unha formación xurídica equivalente.
b. Ter finalidado os estudos con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2008.
c. Posuír coñecementos de inglés e francés correspondente ó nivel B2 (First Certificate, puntuación de 87 no TOEFL Internet Based Test, Delf B.2, ou equivalentes).
Méritos preferentes:
a) Ter bo expediente académico, en especial en materias de Dereito público.
b) Ter cursos de posgraos, especializados ou traballos de investigación relacionados con xustiza constitucional ou temas afins.
c) Contar con experiencia laboral en institucións públicas, profesións xurídicas ou organizacións relacionadas cos dereitos humanos, mediante relación contractual, actividades de colaboración ou outras similares.
d) Acreditar coñecementos de idiomas distintos do aducido en cumprimento da letra c) do apartado anterior.
e) Ter coñecementos de informática xurídica documental.
Requisitos das solicitudes:
– Anexo 1.
– Fotocopia do DNI ou pasaporte.
– Copia expediente académico completo con todas as cualificacións e certificado nos termos establecidos na base 6.3.
– Curriculum vitae: titulacións académicas coa data de iniciación e terminación dos estudos, data de expedición do título, as cualificación obtidas máis relevantes e a cualificación media.
– Cursos recibidos ou impartidos en materias xurídicas ou de interese constitucional.
– Publicacións en materia xurídicas ou de interese constitucional.
– Experiencia laboral, profesional ou de voluntariado.
– Idiomas, especificando o seu nivel en lectura, escritura e fala.
– Calquera outro mérito relacionado co obxecto da beca e que poda resultar de interese a juicio do solicitante.
– Copia compulsada de todos os méritos e actividades indicados.
– Resumo do curriculum no anexo 2.
– Poderase acompañar a documentación dunha memoria na que se exponga as razóns que motivan o aspirante a optar á beca. (Extensión máxima de 200 liñas).
ENLACE: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/25/pdfs/BOE-A-2013-4372.pdf