Resolución de 16 de abril de 2013, da Presidencia do Tribunal Constitucional, pola que se publica o AcOrdo do Pleno do Tribunal Constitucional polo que se convoca beca de formación en biblioteconomía e documentación relacionada cos fondos bibliográficos do Tribunal Constitucional. (BOE núm. 99, 25 de abril de 2013).
Obxecto e condicións
A beca ten por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e tratamento bibliográfico das monografías e as publicacións periódicas da biblioteca do tribunal Constitucional
Convócanse 1 beca, que terá unha duración máxima de 12 meses. As becas poderán ser prorrogadas. Quen teña disfrutado dunha beca non poderán solicitarla novamente, salvo que por razóns non imputables a eles houbesen disfrutado dunha beca en convocatoria anterior por prazo inferior a 6 meses. Dotación da beca: será de 1.100 euros brutos mensuais.
Prazo de presentación: un mes desde o día seguinte á publicación desta Resolución no BOE.
Requisitos dos beneficiarios:
a. Título de licenciado ou Graduado en Biblioteconomía e Documentación ou título doutro país que acredite unha formación equivalente.
b. Ter finalidado os estudos con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2008.
Méritos preferentes:
a) Ter bo expediente académico.
b) Formación específica en materia de biblioteconomía e de casino spiele xetión documental, adicional á requerida para a obtención do grao, así como, formación en materias xurídicas.
c) Experiencia en tarefas bibliotecarias e de xestión documental. Desenvolvida en institucións ou entidades mediante relación contractual ou de colaboración, coa excepción de prácticas curriculares conducentes á obtención dun título académico oficial.
d) Ter coñecementos de informática xurídica documental: aplicación de sistemas de bases de datos relacionais e documentais. Aplicación ofimáticas. Dixitalización e tratamento de imaxes.
e) Idiomas alemán, inglés ou francés.
Requisitos das solicitudes:
– Anexo 1.
– Fotocopia do DNI ou pasaporte.
– Copia expediente académico completo con todas as cualificacións e certificado nos termos establecidos na base 6.3.
– Curriculum vitae: titulacións académicas, data de iniciación e terminación dos estudos, data de expedición do título, as cualificación obtidas máis relevantes e a cualificación media.
– Cursos recibidos ou impartidos en materias específicas obxecto da convocatoria.
– Publicacións en ditas materiais.
– Experiencia laboral, profesional ou de voluntariado.
– Idiomas extranxeiros valorados segundo escala de 6 niveis do Marco común europeo (cv europass).
– Calquera outro mérito relacionado co obxecto da beca e que poda resultar de interese a juicio do solicitante.
– Copia compulsada de todos os méritos e actividades indicados.
– Resumo do curriculum no anexo 2.
– Poderase acompañar a documentación dunha memoria na que se exponga as razóns que motivan o aspirante a optar á beca. (Extensión máxima de 200 liñas).
ENLACE: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/25/pdfs/BOE-A-2013-4371.pdf