A Secretaría Xeral da Igualdade , oferta prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013.
A través de dita campaña ofrécese a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas.
Dentro desta campaña, levada a cabo pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, existe unha reserva específica de prazas gratuítas nestes campamentos xuvenís dirixidas preferentemente, ós fillos /as daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.
REQUISITOS
- Fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.
- Datos dos campamentos que se solicitan por orde de preferencia e segundo as idades dos/das menores.
- Fotocopia do DNI ou Libro de Familia
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Declaración asinada pola nai/titora de que o/a menor sabe nadar
- Cuestionario médico-sanitario, debidamente cumprimentado.
- É imprescindible que os neno e nenas saiban nadar
PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes remata 30 de abril de 2013.
Toda a documentación e consulta da distribución das prazas igualdade 2013, así como os modelos de declaración, información e tramitación poderase obter chamando ao CIM do Concello de Boqueixón (981 513 061).