O obxectivo deste convenio é que persoas emprendedoras
cun bo proxecto empresarial, poidan acceder ao
financiamento bancario.
CONVENIO MICROCRÉDITOS DEPUTACIÓN DE A CORUÑA – MICROBANK
Deputación da Coruña informa do procedemento para a tramitación de microcréditos para emprendedores:
1. O obxectivo deste convenio é que persoas emprendedoras cun bo proxecto empresarial, poidan acceder ao financiamento bancario. O tipo de xuro é do 8,25%. Trátase dun tipo de xuro non bonificado efectivamente, pero o que interesa destacar deste producto non é o tema económico, senón a compoñente social. Este convenio ASÍNASE COOBXECTIVO PRINCIPAL DE QUE UN EMPRENDEDOR QUE NON TEÑA CAPACIDADE PARA OBTER FINANCIAMENTO BANCARIO, POIDA A TRAVÉS DESTE PRODUCTO, CONSEGUIR UN PRÉSTAMO PARA FINANCIAR O SEU PROXECTO.
2. Os emprendedores deben presentar o seu proxecto na Deputación de A Coruña, para que dende alí se emita un informe de viabilidade, que será necesario para que o emprendedor acuda á unha oficina de la Caixa a solicitar o citado préstamo. Dito informe será entregado ao propio emprendedor e a Microbank, ós efectos de que teñan coñecemento da petición que se vai a realizar.
3. O emprendedor, unha vez en posesión do informe de viabilidade, informará á Deputación da oficina bancaria de La Caixa onde pretende tramitar o préstamo solicitado para que a Deputación se poña en contacto con Microbank, para que informe á súa oficina de La Caixa de que vai a recibir unha operación.
En arquivo adxunto está o modelo de plano de empresa de Microbank no que se deben presentar os proxectos na Deputación de A Coruña.
Para informarte podes chamar ó Concello de Boqueixón ó teléfono 981513061 (Mavi ou Cruz).