O Concello de Boqueixón dispón de tres prazas para os Campamentos Deportivos de Verán promovidos pola Deputación Provincial da Coruña. As actividades desenvolveranse entre os vindeiros días 30 de xuño e 26 de xullo en quendas de 4 e 5 días nas instalacións do Centro Calvo Sotelo de A Coruña.
Os Campamentos Deportivos de Verán poderán ser solicitados por rapazas e rapaces de entre 9 e 14 anos -cumpridos durante o 2019- e que consten no padrón municipal. Así, as persoas interesadas en cursar a súa solicitude deberán facelo no Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón antes do 31 de maio.
Para máis información, pódese chamar ao Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña a través do teléfono 981 080 644 ou enviando un correo electrónico a campamentos.deportivos@dacoruna.gal.