O Concello de Boqueixón oferta unha nova edición do seu programa de conciliación Semana Activa dirixido á cativada de Educación Infantil e Primaria. As actividades desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril nas instalacións do Forte, en horario de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de ampliación por conciliación familar.
O prezo deste programa de conciliación familiar é de 10 euros. As inscricións deberán realizarse no Departamento de Cultura antes do 9 de abril. A ficha de inscrición pódese descargar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Máis información, no Departamento de Cultura a través do teléfono 981 513 115 ou no enderezo electrónico cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- Ficha inscrición-Semana activa (284 kB)
- Ficha inscrición-Semana activa (284 kB)
- Ficha inscrición-Semana activa (284 kB)
- Ficha inscrición-Semana activa (284 kB)