A Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón abrirá o vindeiro luns 1 de abril o prazo de solicitudes para novos ingresos ou renovacións de praza. Os veciños e veciñas terán ata o 30 de abril para cumprimentar e entregar a documentación precisa.
A EIM Raíña Lupa de Boqueixón disporá o vindeiro curso dun total de 53 prazas divididas en catro aulas. O persoal deste centro educativo está composto por cunha directora, 4 educadoras e persoal de apoio e limpeza.
Para optar ás prazas, os solicitantes deben estar empradoados/as no termo municipal. A idade mínima é de 3 meses na data de ingreso e a máxima é de menos de 3 anos a 31 de decembro de 2019.
A documentación a achegar coa solicitude é a seguinte:
- Libro de familia.
- DNI da nai, pai, titora ou titor.
- Certificado de empradoamento e convivencia.
- Última declaración do IRPF (2017) ou certificación negativa de Facenda de non tela presentada; se é o caso, certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
- Última nómina, e se é posible, contratos de traballo. No caso de ser autónomo, fotocopia do último recibo de pago do banco.
- Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
- No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe de grao de minusvalía, así como da necesidade de integración.
- Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
- Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexas necesarios.
A solicitude e a documentación deberán entregarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981 513 106. Tamén se pode consultar o bando correspondente facendo clic aquí ou no arquivo adxunto.