A Consellería de Economía e Industria abre, a través do IGAPE,
a 2ª convocatoria de diagnósticos integrais e servizos avanzados
para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas.
NOVA CONVOCATORIA DE SERVIZOS AVANZADOS DE COMPETITIVIDADE DO PLAN REACCIONA
A Consellería de Economía e Industria abre, a través do IGAPE, a 2ª convocatoria de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas.
A convocatoria, a través do Plan Re-Acciona, refírese a unha oferta de máis de 300 diagnósticos integrais e servicios avanzados para a mellora da competitividade empresarial das pemes galegas.
Como resposta ás solicitudes presentadas ó amparo da 1ª convocatoria do Plan ReAcciona, na actualidade o Igape está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun cento de empresas, e están realizados ou en fase de realización medio cento de diagnósticos de competitividade gratuítos para as pemes que os solicitaron.
O prazo para solicitar os diagnósticos e servizos avanzados da nova convocatoria remata o próximo 26 de outubro.
MÁIS INFORMACIÓN: 902 300 903