O Concello de Boqueixón, a través do Departamento de
Servizos Sociais,pon en marcha a implantación no
municipio da Tarxeta Metropolitana Social (TMGS)
Actualmente o custo do percorrido coa tarxeta metropolitana é de 0,78 €. Coa tarxeta metropolitana social este prezo redúcese á metade, ou sexa, a 0,39 €.
PODERÁN SER BENEFICIARIOS/AS:
Aquelas persoas que teñan residencia habitual no Concello de Boqueixón no momento da solicitude e
acrediten unha antigüidade mínima de 12 meses de empadroamento en calquera dos concellos da área
metropolitana de Santiago, sempre e cando cumpran os seguintes REQUISITOS:
PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS:
• Que non exerzan actividade laboral.
• Que os ingresos persoais non superen a 1,5 veces o valor do IPREM (798,77 €/mes).
PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
• Que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%( recoñecida polo EVO).
• Que os ingresos persoais non superen1,5 veces o valor do IPREM (798,77 €/mes).
PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO:
• Que se atopen inscritas como demandantes de emprego de xeito ininterrompido durante os 12 meses anteriores á data da súa solicitude.
• Que teñan realizado unha actividade laboral durante un tempo mínimo de 12 meses nos últimos 5 anos anteriores á data da solicitude.
• Que participen en itinerarios de inserción laboral
• Que carezan de recursos propios no momento da solicitude
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL:
Medida de carácter extraordinario, aquelas persoas residentes no Concello de Boqueixón, que a criterio dos Servizos Sociais do concello e atendendo a razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal, puideran precisar destas axudas.
Importe da axuda:
A nivel xeral, o importe da axuda será de 50% do importe da viaxe ata un máximo de 20 viaxes ao mes, agás nos casos de emerxencia social, a súa contía virá determinada pola proposta de concesión que os Servizos Sociais do concello estimen necesaria tanto no que se refire ao importe da subvención como ao número de viaxes mensuais subvencionables.
Funcionamento:
1.- A persoa solicitante deberá adquirir pola súa conta a tarxeta e facer a primeira recarga e pagar con ela o importe dos traslados que realice durante o primeiro mes.
2.- Unha vez concedida a axuda por parte do Concello, a bonificación dos traslados realizados durante o mes anterior cargarase directamente na tarxeta da persoa usuaria, ata o límite establecido.
Máis información: Servizos Sociais do Concello/Teléfono 981 513106