Normativa
Obxecto
Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible.
Incompatibilidades
Estas axudas serán incompatibles coa percepción simultánea durante o período subvencionable de:
- Doutras prestacións derivadas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, como consecuencia da aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
- Dun recurso do Sistema galego de servizos sociais incluído como prestación do catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD).
- Doutras axudas procedentes de calquera Administración pública ou ente público, que teña como finalidade a adquisición dalgún servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal subvencionables
Só poderá concederse con cargo a esta convocatoria unha axuda por persoa solicitante vinculada a un só servizo de promoción da autonomía persoal.
Requisitos das persoas beneficiarias
- Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Considéranse tamén así os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social).
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
- Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Será requisito indispensable para poder optar á axuda ao abeiro desta orde, que a entidade/profesional autónomo prestadora/or do servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no RUEPSS.
Determinación do importe das subvencións
A determinación do importe das axudas para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal establécese en función da intensidade do servizo e dos custos unitarios, segundo o cadro seguinte:
0101 Servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal | Custe unitario | Importe máximo subvencionable |
010102 Área do coidador | ||
01010202 Servizo de respiro familiar a través da axuda no fogar | 13,75 € hora | 1.011 €> |
01010203 Servizo de respiro familiar a través da atención diúrna | 728,82/mes | 765 € |
01010204 Servizo de respiro familiar a través da atención nocturna | 724,47/mes | 761 € |
01010205 Servizo de respiro familiar a través da atención residencial | 1078,96/mes | 1.133 € |
010103 Atención temperá (0-6 anos) | 29,14 €/hora | |
010105 Área de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional | ||
01010501 Apoio ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria | 18,06 €/hora | 1.445 € |
01010502 Rehabilitación funcional (ximnasia, mantemento, etc.) | 18,06 €/hora | 1.445 € |
01010503 Fisioterapia (inclúe as técnicas relacionadas, como p.ex. hidroterapia) | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010504 Outras terapias alternativas (musicoterapia, colorterapia, terapia con animais, etc.) | 18,06 €/hora | 1.445 € |
01010505 Logopedia | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010506 Terapia ocupacional | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010507 Estimulación cognitiva | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010508 Estimulación sensorial | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010509 Atención psicomotriz | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010510 Atención psicolóxica | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010511 Atención neuropsicolóxica | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010512 Atención psiquiátrica | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010513 Rehabilitación psicosocial | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010514 Atención pedagóxica | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010516 Podoloxía | 25,26 €/hora | 202 € |
010106 Área de actividades e programas | ||
01010601 Actividades de ocio e tempo libre | 22,62 €/hora | 1.221 € |
01010602 Xantar na casa | 7 €/menú | 1.680 € |
01010603 Lavandaría a domicilio | 5 €/semana | 170 € |
010107 Supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais | 728,82 €/mes | 4.373 € |
010108 Área de habilitación psicosocial | 1.221 € | |
01010801 Deseño de estratexias psicoeducativas | 24,42 €/hora | 1.954 € |
01010802 Apoio á vida independente | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010803 Servizo de acompañamento e intérpretes | 22,85 €/hora | 1.828 € |
01010804 Fomento e promoción da inclusión social | 22,85 €/hora | 1.828 € |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais | 22,85 €/hora | 1.828 € |
01010806 Fomento do autocoidado físico | 22,85 €/hora | 1.828 € |
010109 Área de apoio para o desenvolvemento profesional e social para persoas dependentes en idade laboral | ||
01010901 Formación prelaboral (habilidades básicas e polivalentes para o emprego) | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010902 Formación ocupacional | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010903 Formación práctico-laboral | 33,18 €/hora | 2.654 € |
01010904 Emprego con apoio | 33,18 €/hora | 2.654 € |
010110 Servizo de transporte adaptado e asistido | 217,92 €/mes | 1.308 € |
Documentación
Solicitude e anexos (procedemento BS613B)
- Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas e concedidas derivadas do SAAD ou outras axudas procedentes de calquera Administración pública ou ente público coa finalidade de adquirir algún dos servizos de promoción da autonomía persoal recollidos no catálogo de servizos do SAAD, no espazo destinado a esta finalidade que figura no propio modelo de solicitude (anexo I).
- Autorización (anexo II), dos membros computables da unidade familiar de convivencia, para a consulta por parte da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade dos seus datos.
- Copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade.
- Certificado de discapacidade, no caso de ser expedido noutra comunidade autónoma.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo os presentou.
Lugar de presentación
- Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Consellería de Política Social
- Nos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante.
- En calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 19 de novembro de 2018
Criterios para a determinación da renda per cápita da unidade familiar de convivenciaa) Entenderase por unidade familiar de convivencia a formada polos cónxuxes ou parella de feito rexistrada como tal, e:
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, entenderase por unidade familiar de convivencia a formada pola nai e/ou pai e os/as fillos/as que convivan con cada un deles e que reúnan os requisitos a que se refiren os puntos anteriores. b) Calcularase a renda per cápita da unidade familiar de convivencia sumando os ingresos líquidos anuais de todos os seus membros: sumaranse a base impoñible imputada, a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración do IRPF no exercicio fiscal máis recente dispoñible para consulta por servizos de interoperabilidade. c) No caso de que non exista a obrigación de presentar a declaración do IRPF, ou no suposto das pensións ou prestacións que estivesen exentas de tributación polo IRPF, tomarase o dato que obre en poder do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como de calquera outra Administración, en canto ao importe das pensións ou prestacións do último exercicio dispoñible. Así mesmo, teranse en conta, nestes supostos, os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. d) O importe resultante da aplicación dos puntos anteriores dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. |
Xustificación da axuda
A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións que fosen obxecto da axuda ao fin do período subvencionable. En todo caso, a data límite para presentar a xustificación será o 10 de decembro de 2018.
Os gastos acreditaranse mediante declaración da persoa beneficiaria do servizo de promoción da autonomía persoal a que se vincula a subvención, asinada pola entidade/profesional prestadora/or do servizo e onde se reflectirá unha valoración profesional do cumprimento da súa execución, segundo o anexo IV.
No momento da xustificación da execución total da actuación, a persoa beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas aprobadas ou concedidas derivadas do SSAAD ou outras axudas procedentes de calquera Administración pública ou ente público coa finalidade de adquirir algún dos servizos de promoción da autonomía persoal recollidos no catálogo de servizos do SAAD, no espazo destinado a esta finalidade que figura no anexo III.
- Os servizos sociais comunitario do concello de Boqueixón 981 513 106 e os departamentos de servizos sociais de atención primaria e de atención especializada de saúde ou dos hospitais.